La Rapa das Bestas de Sabucedo, de Tokyo a Estados Unidos

La Rapa das Bestas de Sabucedo, de Tokyo a Estados Unidos

Como Festa de Interese Turístico Internacional, a Rapa das Bestas de Sabucedo esperta cada ano un interese crecente entre medios de comunicación, produtoras audiovisuais e reporteiros freelance de múltiples países. Desde hai uns anos, en wecom temos o privilexio de poder aportar o noso gran de area á xestión do gabinete de prensa que activan o Concello da Estrada e a Asociación Rapa das Bestas, o que nos permite establecer un contacto directo con todos estes profesionais, moitos dos cales son visitantes recurrentes desde hai décadas.

Sen ánimo de que se moleste ningún, poderiamos citar aquí Claude Le Gall, José María Barroso, Cristóbal Hara, Bartlomiej Jurecki, Gustavo Marshall, Claire O´Hara, Luis Riopedre, etc., sen esquecernos tampouco no ámbito nacional de fotógrafos como Miguel Riopa, Miguel Vidal, Javier Arcenillas, Emilio Lavandeira, Salvador de Sas, etc. 

Por centrarnos na Rapa das Bestas de Sabucedo 2017, nesta edición batéronse todos os récords de profesionais da comunicación acreditados, cun total de 193 procedentes de nove países: ademais de España (159), chegaron de Portugal (17), Francia (5), Inglaterra (3), Xapón (3), Rusia (2), Estados Unidos (2), Arxentina (1) e Colombia (1).

Pola súa singularidade e porque tampouco vén sendo moi habitual a presenza de xornalistas de países asiáticos, destacamos desta edición a acreditación de tres profesionais de Tokyo TV, que gravaron imaxes en Sabucedo e na súa contorna practicamente durante unha semana para producir un programa nesa canle de televisión nipona. Practicamente, desde o lado oposto do mundo, tamén resultou chamativa a presenza da produtora norteamericana Cinexsin Studios, que desprazou a dúas persoas da man do xove director de cine Ignacio Linares.

Estaremos atentos para facerlle seguemento aos traballos realizados.